Sobre nós

"A Atlántica" nace coa idea de ofrecer en Santiago unha tenda que recolla unha ampla mostra de produtos artesanais galegos, realizados co mimo e o coidado dos pequenos produtores.
Na nosa tenda situada na histórica Rua Nova de Santiago de Compostela poderá atopar ese produto saboroso ou ese agasallo especial; entre os que destacamos as conservas da nosa marca, escollidas entre as mellores conserveiras que aínda traballan coa delicadeza que require o bo produto do mar .